Lidia Folgar, expulsada de Masterchef ás portas da final do concurso
Por Alejandro Espiño
Rematou a aventura da pontevedresa Lidia Folgar en Masterchef, o concurso de cociña máis popular da televisión. A nutricionista de Caldas de Reis non volverá aos fogóns do programa. Quedou ás portas da final, tras ser un dos dous aspirantes que foron expulsados polos xuíces do programa, Jordi Cruz, Pepe Rodríguez e Samantha Vallejo Nájera, na semifinal emitida por TVE este martes.
Tras colgar o mandil, Lidia Folgar destacou que "al principio no pensaba llegar tan lejos" no programa, pero recoñece que o seu paso por el foi "una experiencia profesional, un aprendizaje… pero sobre todo, una experiencia personal".
Na charla que mantivo con Eva González, presentadora do programa, a pontevedresa descartou que vaia dedicarse á cociña profesional. "Lo primero soy nutricionista, si me dedico a la cocina quiero hacerlo desde ese punto de vista", sinalou.
Afirmou que lle gustaría dar cursos de cociña para nutricionistas ou de nutrición para cociñeiros e que se tivese gañado o programa "me hubiera encantado montar un catering para los comedores escolares".
Lida, que foi a primeira concursante de Masterchef en participar embarazada no concurso, tivo tamén unhas palabras para o seu futuro fillo. "Le voy a contar que su madre es una guerrera, que es una luchadora y que todo lo que he conseguido es por mi trabajo y por mi actitud y le diré que tiene mucho que aprender de su madre", dixo durante unha despedida cualificada por moitos, especialmente nas redes sociais, como fría por parte do programa.
Aos seus 29 anos, Lidia Folgar, que rexenta unha consulta de saúde e alimentación en Caldas, definíase dende o principio como unha muller directa, competitiva e perfeccionista ao máximo e que a diplomacia non se encontraba entre as súas virtudes. Precisamente, os continuos comentarios sobre o seu carácter por parte dos xuíces do programa foron a tónica xeral do seu paso polas cociñas de Masterchef.
"Pienso que mi coraza no hizo que se me entendiera bien, consideraba que se me estaba juzgando e interpretando al revés", explicou antes de marchar do programa.
Aínda así, tamén recibiu afagos por parte de Jordi Cruz pola súa evolución e despídese podendo presumir que un dos seus pratos, o Tajine de cordeiro con cuscus e hummus, foi cualificado polo xurado como o mellor da tempada e como un dos tres ou catro mellores de todas as edicións do concurso.
Relacionadas:
-
Catro pontevedreses concursan en Boom! para abrir un lugar de lecer que cubra o baleiro que ven na cidade
Por Marisa Ciordia |
-
Ketty, unha pontevedresa "por amor" que participará na sexta edición de Masterchef
Por Alejandro Espiño |
-
Nutricionista, 29 anos e embarazada: Así é Lidia Folgar, a moza de Caldas que concursa en Masterchef
Por Alejandro Espiño |
-
As Rías Baixas, en 'MasterChef': visita ás bateas do Grove e cociña con mexillóns en Pepe Vieira
Por Alejandro Espiño |