Gonzalo Pita recollerá en Madrid as bandeiras ‘Q de Calidade’ para o porto e tres praias
Por Redacción
O alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita, acompañado polo concelleiro de Turismo, Jesús Sueiro, desplazaranse este xoves a Madrid para asistir ao acto de entrega oficial das bandeiras "Q de Calidade" ás praias e instalacións náutico-deportivas certificadas.
O evento, que terá lugar no salón de actos do Ministerio de Industria, Energía y Turismo, terá lugar ás 18 horas e estará presidido polo ministro de Industria, José Manuel Soria e máis polo presidente do Instituto de Calidad Turística Española, Miguel Mirones Díez.
Neste acto, Gonzalo Pita e Jesús Sueiro recollerán as bandeiras "Q de Calidade" para o porto deportivo Juan Carlos I e máis para as tres praias que contan con esta distinción: Silgar, Areas e Canelas.
Nas vindeiras semanas terá lugar a auditoría que pode certificar este distintivo para outras seis praias, que o Concello confía en poder sumar á "Q de Calidade" este mesmo ano, xunto coa da Oficina de Turismo de Sanxenxo xa concedida e que será recollida tamén polo alcalde en Fitur 2016.