Maratoniana fin de semana dos Reis Magos con numerosas cabalgatas en Pontevedra e O Salnés
Por Redacción
Ponte Caldelas será a primeira parada dos Reis Magos. A Cabalgata adiántase ao venres 4 de xaneiro. Percorrerá as rúas da vila a partir das 18:30 horas. Sairá do Colexio Público Manuel Cordo Boullosa para dirixirse á Avenida de Vigo, Rúa González Bicada, virando cara a Rúa México, Rúa Brasil, Avenida de Pontevedra cara á súa finalización no Centro Cultural e Alameda. Alí haberá hinchables e celebrarase unha chocolatada.
Xa o sábado, os Reis Magos iniciarán as súas cabalgatas en Vilaboa. Partirán do porto de San Adrián de Cobres ás 15:30 horas e irá parando sucesivamente pola igrexa de Santa Cristina de Cobres, o barrio de Alcouce, a parroquia de Figueirido, a igrexa de Bértola e ata o pabellón de O Toural. Será alí onde reciban aos nenos que queiran falar con eles. Haberá ademais numerosas actividades de lecer para os máis pequenos.
Pola súa banda, a Sanxenxo chegarán ás 16:30 horas. Sairán da Florida e discorrerán pola avenida de Madrid e o Paseo de Silgar ata a intersección coa avenida Luís Rocafort. Desde alí, a comitiva dirixirase a Portonovo, pasando polas rúas Areal, Lalinde do Río, Mariña e Rafael Picó. Finalizarán no Pavillón de Baltar, onde os nenos poderán transmitirlles as súas peticións e participar nunha festa infantil. Repartiranse no municipio máis de 1.500 quilos de caramelos nos diferentes desfiles que percorrerán as principais rúas de Sanxenxo, Portonovo, Vilalonga, Noalla e Dorrón e, o domingo, o lugar de Aios.
Ás 18:00 horas será a quenda de Ribadumia. Melchor, Gaspar e Baltasar sairán desde a rotonda dos Castiñeiros e percorrerá a avenida Bouza Martín ata chegar á Casa do Concello, onde os tres reis magos saudarán aos asistentes. Darán a súa mensaxe sobre o balcón municipal posteriormente entregarán un cucurucho de doces a cada neno e entregarán os premios do concurso de postales de Nadal.
A esa mesma hora, os Reis Magos tamén estarán en Marín. Saíndo desde o peirao de reparaciones, por avenida de Ourense, cara á rúa Jaime Janer e Concepción Arenal, para terminar no parque Eguren, onde estará o belen vivinte. Aínda que se deixarán ver moito antes, xa que serán recibidos a 10:00 horas no Concello e visitarán as distintas parroquias do municipio: Cantodarea, San Xulián, Santomé de Piñeiro, Seixo ou Mogor.