Pontevedra lidera a perda de traballadores autónomos en Galicia en decembro
Por Redacción
Os traballadores autónomos son un dos colectivos máis castigados pola crise e seguen reducindo a súa afiliación neste réxime da Seguridade Social. En decembro de 2012 baixaron en toda Galicia unha media dun 0,2%, pasando de 214.842 en novembro a 214.423 a final de ano.
Segundo un informe elaborado pola Asociación de Traballadores Autónomos (ATA) Galicia, Pontevedra foi a provincia que experimentou un maior descenso, en concreto, dun 0,4%, ao perder 231 emprendedores nun mes.
O documento reflicte que a actual crise económica pasou factura principalmente aos sectores da construción (-1,2% en decembro), actividades inmobiliarias (-0,9%), educación (-0,6%) e agricultura (-0,3%).
Pola contra, aumentaron os traballadores dados de alta no réxime de autónomas para realizar actividades vinculadas ao mundo financeiro, cun 0,5% máis; as actividades profesionais (+0,4%), información e Comunicación (+0,4%) e actividades sanitarias (+0,2%).