Todo listo para a apertura do desdobramento da avenida de Vigo
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz
Aínda que a obra non está rematada, o avance da reforma da Avenida de Vigo obriga á apertura do novo desdobramento. Será este mércores.
Quedarán pendentes algúns traballos como aplicar unha nova capa de asfalto, instalar os semáforos, montar os bancos, plantar algunhas árbores, así como o pintado definitivo da estrada coa sinalización horizontal e un remate "máis amable" do paseo peonil do río Gafos, nunha cor "tipo area". Espérase que nos próximos tres meses se remate completamente a obra.
Os concelleiros Luis Bará, Pilar Comesaña, Carmen Fouces e Alberte Oubiña, fixeron este luns unha visita de inspección á zona, para supervisar o avance desta importante actuación urbana que abrirá antes de tempo debido a que a nova fase que afronta a urbanización da avenida de Vigo fai necesario cortar un carril de circulación para poder ampliar as beirarrúas.
Con tal motivo, o Plan de tráfico programado manterá un carril de saída de Pontevedra cara ao Nó do Pino, mentres que a nova avenida disporá de dous carrís, un en cada dirección.
Paralelamente, o próximo mércores tamén se abrirá ao público en aparcadoiro disuasorio habilitado nas proximidades do Instituto Torrente Ballester, con máis de cen prazas de capacidade. Esta apertura coincide coa redución de prazas que con motivo desta reforma sufrirá a avenida de Vigo.
Aínda que a súa apertura esta programada para este mércores, os cidadáns xa fixeron súa esta nova rúa dende hai algún tempo xa que son numerosas as persoas que transitan a diario por este vial "creemos que vai estar moi concorrido porque é unha zona que está moi próxima ao río, con vexetación, con sombra e que permite continuar o paseo do Gafos", dixo Bará.
Os plans do goberno local consideran a ampliación destes camiños cara á Ponte do Couto coa rexeneración de todo ese ámbito.
O desdobramento achega "moitas solucións á mobilidade urbana nesta entrada dá cidade, ao tempo que gañan novos espazos próximos ao río con percorridos peonís que estarán conectados por debaixo da Avenida da Estación co resto do paseo dos Gafos".
Ao pleno do mes de xullo xa se levará unha proposta para poñer nome á rúa e aos novos viais de Tafisa, previsiblemente serán nome de muller pero "haberá que propoñer e discutir", dixo Luis Bará.
Relacionadas:
-
Ábrese o desdobramento da Avenida de Vigo ao tráfico sen incidencias
Por Redacción |
-
Moreira acusa o goberno local de impedir que o enxeñeiro municipal lle explique "in situ" a obra do desdobramento
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Ábrese o mércores o desdobramento para iniciar a reurbanización da avenida de Vigo
Por Oskar Viéitez |
-
A nova rotonda do desdobramento da Avenida de Vigo coa rúa Estación, lista para a fin de semana
Por Cristina Saiz |