Cuntis volve ao pasado coa Feira do Dezaoito
Por Redacción
A carballeira de Troáns, en Cuntis, trasladouse ao pasado este sábado na sétima edición da Feira Histórica do Dezaoito, que se consolidou xa como unha cita ineludible para os veciños do municipio e congregou ao longo de día decenas de persoas.
A cita está referendada polo selo de calidade Feiras Galicia Sustentable e ofreceu os asistentes numerosos postos especializados en alimentación ecolóxica validada con ese recoñecemento, con produtos como a marmelada, os queixos ou as hortalizas. Ademais, para apoiar a festa, varios establecementos do municipio ofreceron, logo de reserva, un menú a base de empanada, polbo e xabaril.
A artesanía tampouco faltou, representada por especialistas tan variados como o coiro, a madeira, a prata ou o téxtil. E completaron a cita así os imprescindibles música e xogos populares de toda festa en Galicia.