As confrarías pontevedresas denuncian o "acoso e persecución" de Agamar a Benito González
Por Redacción
A Federación Provincial de Confrarías de Pontevedra considera que o patrón maior de Cambados, Benito González, "está a sufrir acoso e persecución" por parte da Asociación Galega de Mariscadoras (Agamar) e móstralle "todo o apoio posible".
A xunta xeral da Federación Provincial de Confrarías emitiu un comunicado insistindo no seu respaldo ao tamén presidente da Federación Galega. Anuncian que apoiarán "de forma incondicional e contundente, se fose necesario, a Benito, e non só por ser o presidente a nivel galego, senón porque se trata dun patrón maior exemplar, que defendeu sempre como ninguén ao sector pesqueiro e marisqueiro da confraría de Cambados, por enriba de calquera interese persoal, económico ou político".
O presidente da Federación Provincial, José Antonio Gómez Castro, denuncia que Agamar "está a denunciar continuamente" a Benito González por "supostos cobramentos irregulares" e que "non se sabe ben cal é a intención nin o obxectivo de Agamar, a parte de intentar desestabilizar o bo funcionamento das confrarías, sobre todo o daquelas onde o patrón maior non é da súa corda".
Gómez Castro lanza unha mensaxe á asociación de mariscadoras: "que se dedique a traballar polo sector pesqueiro, que mírao polos intereses dos mariscadores que representa e que deixe de perseguir ás confrarías de pescadores co único obxectivo de alcanzar un pouco de protagonismo nos medios de comunicación".
Relacionadas:
-
O xulgado admite a trámite a denuncia de rañeiros de Cambados contra Benito González
Por Redacción |
-
A Fiscalía investiga si a confraría de Cambados sobrevalorou un barco construído con fondos públicos
Por Redacción |
-
Acusan a Benito González de apropiarse "indebidamente" de máis de 103.000 euros
Por Alejandro Espiño |