A colección de roupa dunha alumna de Esdemga exponse no local de Lagasca Vintage
Por Redacción
“En Galicia non temos demasiadas oportunidades de amosar o noso traballo polo que, en moitos casos, temos que irnos fóra para facelo”, apunta a alumna dos Estudos Superiores de Deseño Téxtil e Moda de Galiza (Esdemga) Sara Adelaida Vázquez, que desde hai unhas semanas amosa varios dos deseños que conforman o seu proxecto de fin de estudos no escaparate de Lagasca Vintage.
De aí que cualifique como “moi positiva” a liña de colaboración aberta entre este establecemento e a Esdemga, que permite precisamente dar visibilidade tanto a esta titulación como aos alumnos que se forman nela, cedendo o seu escaparate ás coleccións realizadas polos estudantes da escola.
AS NOIVAS DE 1920
Ain´t Misbehavin é o nome da colección que Sara Adelaida Vázquez elaborou para o seu proxecto de fin de estudos e que, trala súa presentación na última edición da pasarela Debut, onde foi recoñecida cunha mención especial, amósase nestes días ao público por segunda vez.
Vázquez recalca o valor que iniciativas como esta que non só lle permiten expor os seu deseños, senón tamén unha “primeira toma de contacto co público”, coa que pode “ver como responde a xente e o nicho de mercado que poderían ocupar” as súas propostas.
Relacionadas:
-
Os alumnos de Deseño e Moda buscan modelos para o seu Debut
Por Redacción |
-
Esdemga volverá estar representada no Madrid Fashion Week
Por Redacción |
-
Os alumnos de Esdemga estrenarán pasarela: Lagasca Vintage
Por Redacción |
-
Moda, doces e solidariedade únense este Nadal en Lagasca Vintage
Por Redacción |
-
Lagasca Vintage abre o primeiro estudo concept store en Pontevedra
Por Redacción |