Reforma da Escola de Nenas de Caroi
Por Redacción
O Concello de Cotobade a través dos proxectos dinamizadores do rural de AGADER está a levar a cabo a reforma da cuberta e adecuación interior da Escola da Casa de Nenas de Caroi.
O orzamento inicial de execución material das obras ascende a 45.342'17 euros pero acadouse unha baixa na licitación das obras resultando un importe final de execución material de 39.643'51 euros.
As obras a realizar no exterior son o picado, limpeza, rexuntado dos paramentos exteriores, e sustitución do tellado.
En canto ás obras do interior da escola serán a redistribución do local mellorando as prestacións actuais, redimensionando a cociña, mellorando o salón, adecuación das instalacións de fontanería e electricidade, mellora dos aseos sendo un deles adaptado, sustitución pavimento do salón de reunións, aseos e despachos.