Lores sobre a situación laboral en Liteyca, a subcontrata de Telefónica: "É de escravos"
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido
Levan 43 días de folga pero agora iniciarán paros en días determinados. Nesta situación encóntranse os ao redor de 45 traballadores da empresa con sede en Xeve, Liteyca, subcontrata encargada das instalacións e reparacións para Telefónica.
Durante o mediodía deste xoves, unha representación do equipo reuniuse co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, para transmitirlle a situación que atravesan nesta empresa na que contan cun sistema de puntos que para completalo teñen que traballar dez ou doce horas diarias e, de non o cumprir, se lles despide, apuntou o rexedor local tras entrevistarse cos operarios.
Fernández Lores engadiu que a empresa, que atende ás indicacións de Telefónica, non respecta o convenio do metal e o que único que busca é sacar a máxima rendibilidade "quintándollo do lombo dous traballadores" e cualificou a situación laboral en Liteyca como "de escravos".
Jon Barturen, representante da CIG, recordou que a folga que levaron a cabo non era por incremento salarial senón por que están a traballar "a degüello". A Inspección de Traballo de la Xunta de Galicia convocou a empresa e os representantes dos traballadores para manter mañá venres unha reunión na Coruña para intentar que se acheguen as posturas, xa que nestes momentos non hai ningún tipo de diálogo.
Barturen apuntou a que este persoal, que antes traballaba para Telefónica, agora o fai para subcontratas en condicións precarias porque se incumpre o convenio.
Relacionadas:
-
Os traballadores de subcontratas de Telefónica-Movistar maniféstanse por Pontevedra tras un mes en folga
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Os traballadores das empresas auxiliares de Movistar manteñen a folga
Por Redacción |
-
Traballadores de subcontratas de Telefónica inician unha folga para denunciar condicións laborais abusivas
Por Redacción |