Accidente laboral nunha gasolineira de Cambados
Por Redacción
Arredor das 11:30 horas desta mañá, un operario que se atopaba realizando traballos sobre unha escaleira nunha estación de servizo de Cambados caeu dende unha altura aproximada de dous metros cando estaba manipulando unha estrutura metálica.
Ata a gasolineira situada no acceso á autovía do Salnés á altura do quilómetro 3'5 desprazouse unha ambulancia de Urxencias Médicas, unha dotación da Garda Civil e o servizo de Protección civil de Cambados. O ferido foi trasladado ao Hospital do Salnés onde se lle detectaron lesións leves na cabeza e nas costas.