Non viñeron roubar, viñeron a unha descarga de droga
Por Natalia Puga & Cristina Saiz
David N.R. e Miguel Ángel N.J. sentaron este martes no banco dos acusados da Audiencia Provincial de Pontevedra acusados de entrar a roubar, xunto a outras tres persoas non identificadas, nunha casa de Vilagarcía, apuntar o propietario, golpealo cun bate e ameazarlle cun coitelo no colo ao tempo que amedrentaban a súa esposa e a súa filla de tres anos. Ambos os dous negaron frontalmente tales acusacións e defenderon a súa inocencia, pero si recoñeceron que en setembro de 2012 viaxaron dende Valencia ás Rías Baixas para cometer un delito: participar nunha descarga de droga nunha praia a cambio de 3.000 euros.
David N.R. acusou de "totalmente falsa" a acusación de que ambos os dous cometesen un roubo con forza na casa do empresario vilagarciano Jesús Brea Martínez e engadiu que, de feito, "no conocía de su paradero ni de su existencia" e el "no había hecho un robo con violencia en mi vida". Pola súa banda, Miguel Ángel N.J. aferrouse a que é "inocente totalmente" dos feitos dos que se lle acusa.
Durante o xuízo celebrado na Sección Cuarta, Miguel Ángel N.J. acabou recoñecendo que o día dos feitos, o 17 de setembro de 2012, estaba na casa da suposta vítima cando chegaron cinco persoas facéndose pasar por policías para roubar, pero que el e as persoas que o acompañaban escaparon e puxeron rumbo de regreso a Valencia.
Segundo explicou, dende a súa detención e ingreso en prisión provisional por estes feitos sufriu ameazas, tanto en persoa coma á súa ex parella, á que supostamente extorsionaron pedíndolle 70.000 euros, de modo que agora "yo se lo cuento todo porque ya me da igual que vengan a mi casa". Detras das ameazas estaría, segundo a súa declaración, a presunta vítima, de modo que Miguel Ángel aproveitou a súa alegación final ao termo do xuízo para pedir na sala que quedara constancia de que "si en algún momento, dentro o fuera de la cárcel, a mí me pasa algo, que conste que Jesús Brea Martínez tiene algo que ver". Ante esa afirmación, a maxistrada presidenta do tribunal, Nélida Cid, invitouno a presentar denuncia.
O fiscal acusaba inicialmente ambos os dous procesados po un roubo con violencia na casa habitada, un roubo de uso con forza e unha falta e un delito de lesións e pedía que cada un fose condenado a cinco anos de prisión, ao asegurar que non só lles golpó senón que se levou un coche, 25.000 euros e 49 reloxos, entre outros obxectos. Tras o xuízo deste martes, engadiu á súa acusación a petición de tres anos e seis meses de prisión por un delito de lesións e unha multa de dous meses por unha falta lesións.
A acusación particular, que exerce o empresario atacado, pide tamén que sexan condenados por un delito de detención ilegal, de modo que quere que cumpran unha pena global de 20 euros mentres que o seu avogado defensor solicita que sexan absolvidos ou, de forma subsidiaria, condenado por un roubo por violencia e ve "desproporcionadas" as peticións de condena do resto das partes.