A inauguración do Museo segue pendente de Rajoy
Por Oskar Viéitez
Os responsables do Museo de Pontevedra seguen pendentes da axenda do Presidente do Goberno, Mariano Rajoy, para a inauguración do sexto edificio.
Certo é que a institución segue a súa actividade cotiá, pero co retén de garda operativo para organizar o evento tan pronto como chegue a confirmación oficial.
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, asegurou hai agora dúas semanas que a apertura do sexto edificio do Museo faríase de forma "inminente".
"ÿ a única cuestión que nos queda para unha inauguración que será en cuestión de días ou semanas", dixo.
A presenza do presidente do Goberno durante estes días en Sanxenxo aumentaba as posibilidades de incluír esa cita nos plans de Rajoy.
Na súa axenda oficial, Mariano Rajoy ten previsto presidir este próximo venres en Santiago de Compostela o acto de entrega da Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica ao expresidente da Xunta, Gerardo Fernández Albor. O domingo, día 6, estará en Madrid na celebración da Pascua militar.