Entre o gateo e a escuma anda o xogo
Por Redacción
Vai camiño de converterse en todo un clásico, a carreira de gateo das gardarías de Sanxenxo celebrou este xoves a súa terceira edición. Unha competición a catro patas polos corredores da Escola Infantil do Revel en Vilalonga.
E como nas todas as probas de atletismo que se precen, ao final houbo podio e trofeos para todos os deportistas.
Curiosamente as profesoras comentan que cada vez son menos os nenos que gatean, xa que aprenden directamente a andar sobre as súas pernas. Non obstante, o gateo estimula as habilidades motoras dos máis pequenos, mellorando a súa psicomotricidade.
BOMBEIROS NA GARDARÍA
Tamén na gardaría do Toxo en Pontevedra tiveron este xoves unha xornada especial coa visita dos Bombeiros que organizaron no patio unha divertiva festa da escuma.