A Orquesta Panorama omnipresente en Fin de Ano
Por Oskar Viéitez
O don da ubicuidade, xa non está reservado exclusivamente a Deus. A Orquesta Panorama pode presumir de estar presente en varios sitios ao mesmo tempo.
Nada máis concluír as badaladas protagonizará o primeiro minuto do programa especial de Telecinco cun popurrí musical no que resume o mellor das súas galas.
Quenes fagan zapping poderá velos na galega no Luar Fin de Ano, de Xosé Ramón Gayoso.
Pero ademais recibirán ao ano 2013 en directo actuando nun campo de fútbol "totalmente acondicionado para dita ocasión", será no Campo de fútbol do Cesantes, en O Viso, Redondela, a partir da 1:30 horas.
Haberá unha carpa totalmente pechada, climatizada e cun chan de madeira para poder bailar sobre ela ata que o corpo aguante.
Os nenos menores de 16 non pagan entrada ao recinto, a condición de que vaian acompañados polos seus pais que pagarán 20 euros por pasar.
Tamén haberá: chocolate con churros, un espazo para deixar a roupa, baños, párking gratuito, copas a 3,50 euros e o máis importante aforo limitado, destacan os organizadores, a comisión de festas de "A Teixeira".