A Escola Naval faise querer
Por Redacción
A Escola Naval Militar de Marín está desenvolvendo numerosos actos culturais e divulgativos con motivo do Día das Forzas Armadas.
A Armada fixo un importante esforzo para que os cidadáns poidan seguir gozando destes actos tradicionais, ofrecendo visitas guiadas ás súas instalacións en Marín, desfiles e ata un concerto, co propósito de dar a coñecer e fomentar o labor da Institución en defensa dos intereses de España no mar.
O público tamén tivo a oportunidade de visitar as instalacións nas que se forman os futuros oficiais do Corpo Xeral da Armada e do Corpo de Infantaría de Mariña así como dos Corpos Específicos da Armada (Enxeñeiros e Intendencia).
Entre os aspectos máis valorados encóntrase o carácter universitario que tamén ten a Escola Naval, na que os alumnos poden graduarse na carreira universitaria de Enxeñaría Industrial na súa rama de mecánica.