A luz cega os escolares en Galiciencia

Por Redacción
Máis de 300 alumnos de Pontevedra, Bueu, Redondela e Ordes participaron no edificio administrativo da Xunta de Galicia nun espectáculo científico que lles permitiu coñecer os fundamentos da luz a través de experimentos sorprendentes, realizados a través de responsables do Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole.
Este espectáculo aproveita a celebración do Ano Internacional da Luz facendo un percorrido polas características da luz e polas tecnoloxías baseadas nelas, dende o microscopio ao LED pasando pola fibra óptica. Os estudantes tiveron ocasión de participar en experimentos de xeito divertido. Desta forma, aprenderon os fundamentos dos lumes artificiais, ou o motivo polo que un raio láser pode atravesar o aceite de oliva pero non un refresco de cola.
Os escolares e profesores asistentes a estas sesións poden desenvolver proxectos e participar na décima edición de Galiciencia que se desenvolverá os días 18, 19 e 20 de novembro. Este evento de divulgación científica de Galicia ofrece unha exposición de proxectos de investigación e innovación por equipos de estudantes acompañados polos docentes. Este proxecto pretende servir de encontro entre os estudantes de todas as idades con ideas innovadores.