24 actividades no Ponteverán para activar o lecer dos mozos durante os vindeiros meses
Por Redacción
Todos os mozos que busquen alternativas de ocio para este verán teñen a oportunidade de inscribirse a partir do tres de xuño nas actividades que se poñen en marcha nunha nova edición de Ponteverán. Os veciños de Pontevedra terán preferencia para optar ás prazas que se ofrecen en cada unha das propostas para estes meses de verán.
O programa conta con actividades de tempo libre entre os que destacan dous campamentos de tempo libre no Parque natural do Xurés para nenos de 10 a 12 anos e para mozos de 13 a 15 anos, ademais dunha aula de natureza e interpretación para nenos de 8 a 12 anos. Tamén se desenvolverá un obradoiro de lecer crítico-construtivo inspirado no libro 'A cidade dous nenos' de Tonucci. Complétanse as propostas cun obradoiro para percorrer a cidade de forma divertida e atractiva achegando os nenos ao río Gafos ou a practicar remo no Lérez. Tamén se desenvolve un obradoiro musical e artístico e outro de igualdade no que se creará un vídeo con Stop Motion.
As actividades culturais, deportivas e no medio natural contarán cunobradoiro de música de andar por casa, con instrumentos humildes da música tradicional; o torneo de fútbol 7 masculino e feminino; unha excursión ao parque natural das Fragas do Eume; a sexta edición de Apadriña Jam con exhibicións de basket 3x3, skate e graffiti en Campolongo; unha saída para observación astronómica; rutas en kaiak e unha actividade de orientación nocturna na Illa das Esculturas.
Os obradoiros formativos con cursos de iniciación ao piragüismo en Ponte Sampaio, obradoiros de graffiti, de hula hop, de informática e de iniciación á escalada.
O programa completo, foi presentado polo concelleiro de Xuventude, Demetrio Gómez, e pódese ver neste enlace. Os interesados en apuntarse a algunha das actividades poderán facelo a través da web ou achegándose ata o departamento de Xuventude do Concello.
Relacionadas:
-
Xuventude oferta 520 prazas para nenos e mozos nas actividades de Ponteverán
Por Natalia Puga |
-
'Ponteverán', lecer e formación para 600 persoas
Por Redacción |
-
Baloncesto, skate e grafitis nas pistas deportivas de Campolongo nunha nova edición de Apadriña Jam
Por Alejandro Espiño |
-
O taijí en Santa María pecha a programación de Ponteverán
Por Redacción |