900.000 euros, orzamento das múltiples actividades das Festas do Verán que se inician o 10 de xullo
Por Redacción
A concelleira de Festas, Carme da Silva, presentou durante o mediodía deste xoves 21 a programación das Festas do Verán que comezarán o 10 de xullo coa celebración do sexto Memorial Ricardo Portela coa homenaxe a Manuel Viqueira e a Mostra de artesáns de instrumentos tradicionais na Praza da Ferrería, un día antes da Romaxe de San Bieito de Lérez, que contará como é habitual coa mexilloada popular e a actuación de grupos folclóricos e da Banda de Música de Pontevedra.
Dende o martes 14 ao domingo 19 desenvolverase a XXIII edición do Festival Internacional de Jazz e Blues con actuacións de Villar Quartet, Nani García Trio na Praza do Teucro e os concertos de Janiva Magness, Terri Lyne Carrington, Ruthie Foster e Virxilio da Silva Quinteto na Ferrería.
Unha sesión de 'Cultura no camiño' do luns 20 de xullo ao domingo 26 de xullo con actividades de teatro, música e xogos infantís, con funcións na Praza do Teucro de diferentes grupos como, entre outros, Migallas, Ghazafelhos ou Fantoches Baj. Dende o 22 de xullo ata o 26, o cine volverá á rúa na Praza da Pedreira e durante ese fin de semana celebraranse as Festas de Santiaguiño do Burgo con verbenas, música tradicional e fogos de luces.
A partir do luns 27 e durante catro días desenvolveranse actuacións de 15 bolos, con grupos de Local de Música, en diferentes prazas do centro histórico.
A principal novidade será o conxunto de actividades denominado Paseantes que terá lugar o 31 de xullo e o sábado 1 de agosto en distintos espazos da zona monumental non utilizados habitualmente para concertos. Serán actuacións sen escenario a cargo de:
• Trilitrate (acordeon,violín e guitarra)
• Fátima Baña (cantautora)
• Mr. Cool (swing)
• Miguel Abalo Castex e Victoria Álvarez Acón (opera)
• Nacho Pérez Cuartet (jazz)
• Jesús Vidal (fusión)
• A máquina de Meter Medo (electrónica)
• A Dolce Vita (bandas sonoras)
• Davide Salvado (cantautor)
• Rynier Aldana Trio (cubana)
• Alfonbra Voadora (hindú)
Do 28 ao 31 de xullo, o parque das Palmeiras acollerá Animatrón con obradoiros, actuacións e actividades de animación infantil que dará paso, do 4 ao 6 de agosto, ao VI Festival Internacional de Animación de Rúa con 9 grupos entre os que destacan tres pontevedreses: Pablo Méndez Performance, Olodum do Coio e Troula Animación.
Durante a Semana Grande das Festas da Peregrina ademais das actuacións de WarCry, M-Clan, Abraham Mateo, Macaco, Luz Casal, Los Panchos e Carlos Jean levaranse a cabo actividades de monicreques na Praza do Teucro, actuacións da Banda de Música de Pontevedra e de Salcedo na Ferrería, unha exhibición de bailes de salón e un festival infantil, o xoves 13 de agosto, elaborado expresamente para o escenario da Praza de España coa intervención de Mamá Cabra, Uxía Senlle, Maxín Branco, Pablo Días e Olga Kirk. A praza da Ferrería tamén acollerá un concerto de Quatro D Abril o sábado 15 de agosto e ao día seguinte un recital de corais. O luns 17 de agosto, A Ferrería será o escenario dun concerto de Rodrigo Romaní.
Durante o 28 e o 29 de agosto volverá celebrarse o Festival Brinca na Praza e durante o venres 4 e o sábado 5 de setembro chegará a XVI edición da Feira Franca, que terá unha temática que aínda está por determinar pero que, segundo Carme da Silva, buscará atraer a novos colectivos igual que sucedeu coa astronomía.
Ademais sucederanse diferentes actuacións de bandas de música, ademais da celebración da Feira de artesanía e deseño "Chalana" no Paseo Antonio Odriozola.
Todas estas actividades contan cun presuposto similar ao de anos anteriores que se sitúan arredor dos 900.000 euros, indicou a concelleira de Festas, Carme da Silva.
Relacionadas:
-
Así será o operativo policial para que as touradas e os fogos transcorran con normalidade
Por Redacción |
-
Ópera, swing, jazz... todos os estilos musicais, a pé de rúa en 'Paseantes'
Por Natalia Puga |
-
Javi Gómez Noya, pregoeiro das Festas da Peregrina
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Os mellores espectáculos de animación pola rúa, nunha nova edición do festival Itineranta
Por Redacción |
-
Que o ritmo non decaia: aquí está toda a axenda festiva de Pontevedra esta semana
Por Redacción |
-
Seis días do mellor Jazz e blues internacional nas rúas
Por Redacción |
-
Xa está na rúa o programa das Festas de verán
Por Redacción |
-
Jazz de luxo en Pontevedra: chega o XXIII Festival Internacional de Jazz e Blues, do 14 ao 19 de xullo
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Jhonander, 'teloneiro' de WarCry na Peregrina; outros quince grupos estarán nos 15 Bolos
Por Alejandro Espiño |
-
Abraham Mateo, Luz Casal, Macaco e Sés, estrelas musicais das Festas da Peregrina
Por Redacción |