"Me siento víctima de todo esto", declara o acusado de queimarlle os testículos a un bodegueiro
Por Oskar Viéitez
Este xoves concluíu na Sección Segunda da Audiencia de Pontevedra o xuízo contra un home ao que se lle acusa de asaltar, en decembro de 2012, a vivenda dun bodegueiro de 67 anos e, tras propinarlle unha malleira, queimarlle varias partes do corpo, entre elas os testículos e os brazos. Antes de rematar a vista oral o acusado tomou a palabra para ratificar o dito pola súa avogada, quen pediu a libre absolución para el, afirmando "me siento víctima de todo esto".
O acusado, Javier Evaristo Pose, de 44 anos e veciño de Vilagarcía, dirixiuse ao tribunal para dicir que "rechazo cualquier tipo de violencia y rechazo lo que le ocurrió a la víctima", que estaba presente na sala durante o xuízo.
Javier Evaristo asegurou que "levo sufrido moito por algo que eu non fixen" e sinalou que "non lle atopo ningunha explicación".
Refírese o procesado á mostra de ADN obtida dun chisqueiro recollido debaixo da cama da vítima e que sitúa a Javier Evaristo Pose na vivenda de Vilanova do bodegueiro Núñez Villanueva. Na súa conclusión final a avogada do acusado solicitou que se invalide esta mostra biolóxica, porque entende que vulnera os dereitos fundamentais do seu patrocinado, "no ataco la técnica empleada para la obtención del ADN", precisou a letrada que si cuestionou a caducidade da mostra, tomada anos atrás con motivo dun delito contra o patrimonio.
A avogada apelou ao principio "in dubio pro reo" e pediu aos maxistrados que sexan "escrupulosos" xa que "hay distintas alternativas" que poden explicar a aparición dese chisqueiro, polo que lles instou a non adoptar unha decisión "precipitada" ante a "gravidade" das penas que se solicitan "que truncan e rematan a vida dunha persoa para sempre, cando non a esnaquizan", engadiu no seu informe.
O fiscal solicita unha pena de 14 anos de prisión para José Evaristo.
O representante do Ministerio Público considera "totalmente acreditado" que se cometeu un roubo cunha "violencia extrema e innecesaria". Tamén afirmou que "está claro que a través del fuego le causaron las lesiones" e apuntou como probable o uso dun spray que había na casa como lanzachamas.
Sobre a petición de nulidade do ADN formulada pola defensa, o fiscal sinalou que foi "extemporánea" xa formulouse unha vez superada a fase de instrución, e recordou que a letrada "solicitó diligencias relacionadas con el ADN durante la instrucción".
Ademais dixo que lle parece "demasiada casualidad" que xusto no rexistro de mostras de ADN da Garda Civil se encontre "el de un señor de la zona con antecedentes por delitos muy similares a éste", e engadiu que no vehículo do acusado se encontraron luvas, pasamontañas, grilletes, bridas e fita americana.
O xuízo quedou visto para sentenza.
Relacionadas:
-
Detido por un alixo de cocaína un narco do 'caso Nécora' ao que queimaron os testículos nun asalto
Por Redacción |
-
Condenan a once anos de prisión o asaltante que torturou un adegueiro de Vilanova
Por Oskar Viéitez |
-
O mecheiro é a clave do xuízo polo asalto a un bodegueiro de Vilanova ao que queimaron os testículos
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
Fiscalía pide 14 anos de condena para un vilagarciano acusado de roubar e queimar vivo un adegueiro de Vilanova
Por Oskar Viéitez |
-
Ingresa en prisión un vilagarciano como presunto autor do violento roubo a un veciño de Vilanova
Por Oskar Viéitez |
-
Asaltan un adegueiro de Vilanova na súa casa e queimanlle os testículos
Por Redacción |