Salta un muro de dous metros para roubar dúas portas metálicas en Poio
Por Redacción
A Garda Civil imputou ao veciño de Poio de 34 anos A.C.C. como suposto autor dun delito de roubo con forza nunha carpintaría metálica deste municipio.
O 19 de decembro presentouse unha denuncia pola subtracción de dúas portas metálicas do interior dunha carpintaría, para o autor deste tivo que saltar un muro de dous metros de alto.
Efectivos do posto da Garda Civil de Pontevedra realizaron as oportunas investigacións que deron como resultado a imputación do suposto autor destes feitos este xoves.
O imputado non chegou a ser detido, senón que terá que comparecer no Xulgado de Instrución número 2 de Pontevedra cando sexa requirido.