A feira da cervexa 'Pontus Lupulus' superou os 2.500 litros en vendas
Por Redacción
A calidade das cervexas artesás galegas converteuse no principal aliciente que levou a numeroso público durante este fin de semana ao ámbito da Alameda con motivo da Feira da cervexa 'Pontus Lupulus'. Durante estas xornadas, os dez cervexeiros participantes lograron unhas vendas que superaron os 2.500 litros e víronse obrigados a repoñer existencias a media tarde do sábado.
A concelleira de Promoción Económica e impulsora do evento, Carlota Román, destacou o acerto desta aposta para ofrecer unha alternativa de ocio durante o fin de semana e atraer público á cidade. A asistencia, segundo apunta a concelleira, foi masiva durante todo o sábado e tamén durante a tarde do venres e o domingo houbo unha importante presenza de visitantes á carpa situada na Alameda. En total, a Concellería estima que a Feira recibiu entre 7.000 e 8.000 persoas interesadas na cervexa.
Román considera que gran parte do éxito se debeu aos postos de comida de produtos de gran calidade cos que se podía acompañar a bebida. Ao mesmo tempo, entende que foi un acerto a programación complementaria con talleres de cociña, pan e cervexa, ademais da música en directo.
Segundo os datos que manexa a Concellería, a Feira da cervexa de Pontevedra é unha das máis exitosas de Galicia. Tan só a edición do ano pasado en Lugo moveuse en cifras similares á de 'Pontus Veteris'.
Relacionadas:
-
Pontebirra desembarca en Pontevedra con noventa tipos de cervexa artesá
Por Manu Otero |
-
A cervexa artesanal de Pontus Lupulus abre un 'outono gastronómico' en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Cervexa, made in "feita na casa"
Por Diego Torrado |
-
'Pontus Lupulus' converte á cervexa artesá na protagonista da fin de semana
Por Cristina Saiz |
-
Pontus Lupulus: máis de 30 variedades na primeira feira de cervexa artesá de Pontevedra
Por Elsa Juliá Sánchez |