A pantasma do Madrid Arena xera unha alarma social en Vilagarcía
Por Oskar Viéitez
A Federación de Empresarios de Salas de Festa, Baile e Discotecas de Galicia (Fesdiga), calcula que haberá entre 600 e 800 festas ilegais de Fin de Ano en Galicia, o que supón un descenso respecto ao ano anterior, cando estimaron entre 1.000 e 1.500.
Os responsables do sector achacaron esta baixada á crise, a medidas como a subida do IVE e tamén aos efectos do caso do Madrid Arena.
Aquela traxedia xerou unha especie de psicosis que en moitas ocasións atopa alimento nas redes sociais.
ÿ o que ocurre coa festa de Fin de Ano programada na Tasca da Mariña, o restaurante do porto deportivo de Vilagarcía de Arousa. O evento denominado Port Party xerou unha alarma social en Vilagarcía ao difundirse un rumor que apuntaba que mil persoas ían participar na festa.
Desde a organización trataron de "desmentir todos eses rumores de que somos 1000 persoas e todo iso, desde un principio díxose que era aforo limitado".
O problema xurdiu pola decisión da organización de numerar as entradas de forma salteada sen unha orde "iso fai máis difícil falsificarlas porque non sabes que numeros se venderon e cales non", ademáis reiteran que o establecemento ten "o seu seguro de responsabilidade, os seus porteiros, camareiras, etc todo en orde".
Finalmente desde Port Party A Tasca recordan que tan só están autorizados cinco vendedores polo que insisten en que "debido a que se están falsificando entradas", é importante que quen compren unha diríxanse á persoa que lla vendeu "para darlle o nome, DNI, e número de entrada. Sen estes datos non poderán acceder á festa".
En total vendéronse 400 entradas a 25 euros cada unha, o que responde ao aforo autorizado da Tasca da Mariña.
Familiares dalgúns mozos que anunciaron a súa participación na festa dirixíronse ao alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, para mostrarlle a súa preocupación. A organización destaca que, por tratarse dun local de concesión portuaria, a consulta canalizouse, precisamente, a través da Autoridade Portuaria.