Concello e oposición enléanse por unha solicitude de información da Fiscalía
Por Oskar Viéitez
O Fiscal Xefe da Audiencia de Pontevedra, Juan Carlos Aladro, remitiu un escrito ao Concello de Pontevedra requirindo máis información ao servizo municipal de contratación para completar a investigación aberta á empresa Setga.
O escrito chegou ás dependencias muncipales o pasado xoves 21 de abril e foi o propio concelleiro de Persoal e Réxime Interior, Vicente García Legísima, quen informou o Partido Popular desta circunstancia, en concreto ao concelleiro, César Abal.
Este luns en rolda de prensa o edil do PP desvelou esta petición do fiscal.
Legísima explicou que dende o goberno municipal "non hai nada que esconder nin nada que temer", e que se dan "todo tipo de facilidades" á Fiscalía, pero dixo estar "sorprendido" de que o PP "intente utilizar isto facéndolle un fraco favor á empresa", xa que, segundo dixo "lamentablemente" cada vez que sae unha información nos medios relacionanado a unha empresa "ten consecuencias negativas".
Por este motivo o edil nacionalista esperaba que os seus compañeiros de corporación fosen "un pouco máis responsables" e deixar isto "fóra dá campaña electoral".
Pola súa banda, César Abal afirmou que "nosotros tenemos un contrato firmado con los ciudadanos hasta el final de mandato, y vamos a cumplir con ellos. En este caso con la labor de fiscalización y control que tenemos obligación de realizar", dixo.
Segundo declarou Legísima, "o Partido Popular sabe que non hai nada anormal e moito menos penal" polo que cualificou a actitude do PP de "lamentable e dunha ruindade incualificable".
"Yo no quiero ensuciar nada, pero deben ser transparentes e informar a la ciudadanía", xustificou César Abal, "no pretendíamos que esto entrara en campaña, pero los hechos son los hechos".