Inxección económica en Ponte Caldelas ó comercio local
Por Redacción
O Alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, asinou un convenio cos representantes da Asociación de Comerciantes e Empresarios "COEMPO" en virtude do cal o Concello aporta a esta asociación a cantidade de 8.000 euros para colaborar nas iniciativas e actividades que este colectivo organiza para promocionar e dinamizar o comercio local da vila.
COEMPO é unha asociación que ten aínda pouco tempo de vida pero que xa leva organizando distintas actividades de promoción do comercio como l as Feiras de Oportunidades, campañas de Nadal, etc.
Perfecto Rodríguez considera que nestes momentos é fundamental desde as Administracións colaborar co pequeno comercio nas actividades de promoción e dinamización tendo en conta o momento de crise económica que estamos atravesando e que provocou xa a pechadura de moitos negocios en toda España.
Ademais desta colaboración económica, que foi incluída polo Alcalde nos orzamentos deste ano 2012, o Concello tamén presta colaboración ao comercio local noutras iniciativas que xa puxeron en marcha como o transporte durante a campaña de Nadal, etc.
Perfecto Rodríguez aproveitou a reunión para tratar varios asuntos de interese cos representantes de COEMPO, e entre eles a próxima campaña de Nadal para promocionar o comercio local.