A praza de Méndez Núñez será escenario da Troula Inclán durante este sábado
Por Redacción
A praza de Méndez Núñez acolle durante este sábado 9 diferentes actividades de animación baixo o nome Troula Inclán co obxectivo de dinamizar este ámbito do centro histórico.
Ás 13.00 horas desenvolverase un recital de música tradicional galega a cargo dos grupos Los Ghalos do curral, formado por cinco compoñentes de distintos grupos de Pontevedra acompañados Dousceghos e medio, ademais de Rampoña Neghra.
Ás 15.00 horas realizarase unha degustación de pinchos e perola da galega gratis no establecemento Gramola ata esgotar existencias.
Os pequenos serán os protagonistas a partir das 17.00 horas con talleres e actividades de ocio con manualidades, xogos de mesa e outras actividades dinámicas como buscas de tesouros.
A música volverá á praza de Méndez Núñez a partir das 19.00 horas con Sonstic cun concerto de Desconcerto, grupo formado por Valentín Dacova y Óscar Lópe, con distintos estilos musicais dos anos 70, 80 e 90.
Ás 20:15 actuará Sobre todo ella. Sara Castro e Jaime Carbajo son os compoñentes deste grupo nacido entre Santiago e Pontevedra, que o pasado ano presentaron o primeiro disco xuntos "eclipse lua rota" un álbum autoproducido que define unha coidada amálgama de versións e temas propios.
A partir das 21.30 horas, Black Stones, un grupo clásico no ámbito do rock pontevedrés, actuarán ofrecendo o mellor do seu repertorio, despois de 37 anos de carreira.
Ás 23.15 será a banda Operación Guateque quen actúe cos seus particulares versións de temas coñecidos facendo bailar os asistentes. A fin de festa levarase a cabo en La Gramola.