Soben as temperaturas e deixa de chover durante a fin de semana nas Rías Baixas
A fin de semana vén con cambios meteorolóxicos que pasarán desapercibidos este venres 8 pero que a partir do sábado se farán notables segundo a predición de MeteoGalicia.
A xornada do venres transcorrerá co predominio dos intervalos de ceos anubrados, máis notables no litoral onde haberá precipitacións débiles ao longo de todo o día. Esta situación meteorolóxica é debida a que Galicia continúa baixo a influencia dun sistema de borrascas pouco profundas, que se moven polo norte e que deixase un réxime de ventos do sudoeste moderados. As temperaturas mínimas ascenderon ata os 14 graos, mentres que as máximas o fan de forma moderada ata o 19 graos.
A partir do sábado un centro de altas presións irá deixando a Galicia baixo a súa influencia que se prolongará tamén durante o domingo. Polo que se agarda unha fin de semana cunhas xornadas de tempo seco e agradable. Así, os ceos estarán en xeral pouco anubrados ou despexados, con intervalos de nubes altas pola mañá e bancos de néboas nas Rías Baixas que se irán dispersando co avance da mañá. As temperaturas ascenderán lixeiramente ata alcanzar os 23 graos o domingo mentres que as mínimas descenderán tamén lixeiramente ata os 12 graos o sábado e seguirán baixando ata os 10 graos o domingo.