A fin de semana da feira da bicicleta, o prato forte de Pontenbici
O programa Pontenbici celebrará este fin de semana o prato forte da súa programación coa feira da bici nova e de segunda man. O evento celebrarase na Praza de España a partir deste venres 8 e finalizará o domingo.
A feira deste ano terá un elemento diferente froito da coincidencia na mesma fin de semana coa Feira da Cervexa Artesá, que compartirá a praza co evento de Pontenbici. A concellería ve razoable buscar elementos para unir as dúas festas, así nace o concurso 'Pontenbici', un concurso de fotografía que xorde en facebook nun hashtag e que consiste e pode participar calquera persoa cunha foto na que a apareza unha bici como elemento principal ademais dunhas botellas de cervexa. As fotos crearán un álbum para que o xurado seleccione o gañador que se anunciará o domingo pola tarde no peche da feira. O premio consistirá nunha bicicleta e unha caixa de cervexas.
Para difundir a feira e o concurso un coche eléctrico estará a percorrer Pontevedra dende este xoves repartindo o programa desta. Outro elemento que na rolda de prensa de presentación deste xoves destacou a consellería é a decoración elixida para esta edición. Oito columnas de seis metros negras será o elemento principal da posta en escena. As xigantes negras representan simbolicamente unha homenaxe ás persoas que perderon a vida nas estradas enriba dunha bicicleta. Ademais, as columnas albergarán os convidados a participar no evento. Todos os negocios que teñen vinculación co mundo da bicicleta foron invitados a participar, aínda que por temas de axenda non todos participasen. A asociación Bicicleando, Garaxe Pedales e Beciclon participan tamén na feira para dar a coñecer os seus proxectos innovadores cos que promoven o turismo e as rutas en bicicleta.
Unha exposición de mountain bikes e un espazo de compravenda de bicicletas e pezas usadas nas que todo o que o desexe poderá levar as súas bicicletas e vendelas ou intercambialas.
O Foro da bicicleta que se celebrou a edición anterior tamén regresa nesta ocasión con tres charlas que se celebrarán ao longo do sábado no antigo concello con Iván Montero, o ciclista que hai un ano foi arrastrado por un camión en Coruña e perdeu as dúas pernas; Juan Torrado, presidente da asociación de ciclistas galegos e a Familia Supertramp, a parella que cos seus dous fillos comezará en 2016 unha ruta en bici por Europa que durará dous anos.
Para finalizar, como cada anos, se entregará o premio de mobilidade ciclista do Concello de Pontevedra, que nesta ocasión se lle outorgou a Adrián Vázquez Valiño pola súa empresa de Ecomensajeria. Unha empresa creada en torno á bicicleta. O premio entregaráselle o sábado ás 12:00 horas na feira.