Obras na rúa Andrés Muruais para renovar canalizacións
Por Redacción
A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra adxudicou este luns á empresa Viaqua os traballos de substitución de canalizacións na rúa Andrés Muruais.
Segundo explicou o voceiro do goberno municipal, Raimundo González, renovaranse as vellas canalizaciónes de formigón e de gres por outras máis modernas.
A reforma acometida nun tramo desta rúa con motivo da reforma do edificio do antigo Hotel Mexico supuxo a renovación dos servizos no tramo afectado.
O presuposto da obra é de 84.016 euros e a empresa Viaqua S.A.U. será a encargada de acometela.