Remataron as obras da depuradora de Buchabade
Por Redacción
O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, informou que o Concello finalizou as obras de construción da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Buchabade, que contou cun investimento de 75.752 euros.
Esta cantidade sumada ao que se leva gastado na dotación de colectores e demais elementos do sistema de rede de sumidoiros eleva o montante total da implantación deste servizo aos veciños deste lugar por enriba dos 310.000 euros.
A construción da depuradora fora incluída polo alcalde Perfecto Rodríguez no Plan de Obras aprobado pola Deputación para os concellos.
Trátase dunha instalación compacta cilíndrica que mide 11 metros de lonxitude por 3 de diámetros. Toda esta EDAR quedou enterrada na parcela, polo que non ten ningún impacto visual.
O investimento total en todo o saneamento de Buchabade supera os 310.000 euros
Durante o próximo mes de maio farase unha revisión da rede de colectores, de tal forma que a partir do 1 de xuño os veciños de Buchabade poderán xa solicitar a conexión ao servizo de rede de sumidoiros.
Ademais aproveitando a construción da EDAR mellorouse o camiño de acceso a varios terreos da zona que será formigonar, así como o regadío existente. Por outro lado tamén se ten pensado proximamente restaurar o lavadoiro e pozo existente na parcela expropiada, co obxectivo de que poida quedar para uso veciñal. De feito o peche da parcela da EDAR deixou fóra este lavadoiro.
Relacionadas:
-
Agardan que o alcantarillado de Buchabade entre en servizo antes de comezar o vindeiro ano
Por Redacción |
-
Inician as obras de construción da depuradora de Buchabade
Por Redacción |
-
Contratan a EDAR de Buchabade coa previsión de que funcione antes do próximo verán
Por Redacción |
-
Contratan a EDAR de Buchabade coa previsión de que funcione antes do próximo verán
Por Redacción |
-
A Deputación concede achegas para a depuradora de Ponte Caldelas e unha barredoira en Marín
Por Redacción |