Veciños de Valdecorvos denuncian roubos e danos nos seus rochos
Por Natalia Puga
Veciños da urbanización de Valdecorvos detectaron nos últimos días múltiples danos nos seus rochos, así como roubos no interior de alomenos dous deles.
Segundo denunciaron os propios veciños, os danos producíronse nalgún momento antes do sábado 25 de abril nun edificio da praza das Regas no que os rochos están situados no soto.
Os primeiros afectados decatáronse dos danos durante a fin de semana e o sábado catro deles presentaron denuncia na Comisaría da Policía Nacional. Outros propietarios de vivendas tardaron dous días máis en darse conta do sucedido porque non residen habitualmente no edificio.
A maioría dos afectados denunciaron danos, pero algún deles tamén detectou que foi vítima dun roubo. A un veciño subtraéronlle un botín de gran valor entre o que había bicicletas ou esquís de montaña.
Fontes da Comisaría Provincial confirmaron que entre o sábado 25 e o luns 27 de abril recibiron sete denuncias relativas a rochos da praza das Regas e que axentes da Brigada de Policía Científica xa se desprazaron ao lugar para solicitar probas.
Relacionadas:
-
Denuncian o roubo de dúas bicis valoradas en 8.000 euros nun rocho
Por Redacción |
-
Rouban nun trasteiro dous días antes de Reis e levan unha bicicleta e varios agasallos
Por Redacción |
-
Os roubos de bicis rompen as estatísticas: denuncian 80 casos no que vai de ano
Por Natalia Puga |
-
A ondada de roubos e danos en rochos deixa 19 novas vítimas na Parda
Por Natalia Puga |