Juan Luis Arregui: "Ence no va a defraudar a Pontevedra"
Por Oskar Viéitez
A Xunta Xeral de Accionistas de ENCE celebrada este martes en Madrid deixou unha clara mensaxe: "Ence no va a defraudar a Pontevedra"
O presidente de Ence, Juan Luis Arregui referiuse á factoría de Lourizán agradecendo o "respaldo a la continuidad" de diferentes partidos políticos e colectivos cidadáns de Pontevedra e de Galicia. Seguindo esta Xunta, sentado na primeira fila do auditorio Rafael del Pino, estaba o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, cuxa presenza agradeceu expresamente Arregui.
"Entiendo y comparto que la población de Pontevedra nos exija que tengamos una fábrica ejemplar", asegurou Arregui. E coas mesmas palabras "Entiendo y comparto", referiuse á necesidade de integrar a factoría paisajísticamente e de seguir incrementando a xeración de riqueza no ámbito.
O presidente de Ence asegurou que a "obligación" da empresa é "hacer que esta fábrica recupere su competitividad y convertirla en un modelo" de instalación industrial.
Pola súa banda, ao referirse á fábrica de Pontevedra, o vicepresidente e Conselleiro delegado da compañía, Ignacio de Colmenares insitió na necesidade de "sellar un nuevo pacto con la ciudad de Pontevedra y su comarca". O Conselleiro Delegado de Ence afirmou que a empresa se compromete a "poner progresivamente en marcha todo un conjunto de proyectos que permitirán garantizar la excelencia medioambiental de nuestras instalaciones. Y estamos dispuestos a demostrar que vamos a seguir creando riqueza, empleo y bienestar para la ciudad de Pontevedra y su comarca mediante singulares iniciativas e inversiones empresariales y sociales".
Ence comezará a execución da nova fachada da súa fábrica en Pontevedra
Tamén anunciou que Ence comezará a execución da nova fachada da súa fábrica en Pontevedra para minimizar o seu impacto visual e traballa nunha "nueva y avanzada depuradora" que permitirá a reutilización da auga do proceso e "minimizará el efluente al mar".
"Quiero que sepan que estramos trabajando con una empresa puntera en tratamiento de aguas en una nueva depuradora", afirmou Colmenares. En canto aos olores, o vicepresidente de Ence dixo "reiteramos o noso compromiso da súa eliminación definitiva", anunciou.
O Vicepresidente e Conselleiro Delegado rematou a súa intervención sinalando que "en 2015 veremos catapultados los resultados de Ence, sensiblemente por encima de lo que anunció en la pasada Junta General de Accionistas".