Un vídeo que relaciona paisaxes de Pontevedra con grandes momentos do cine, mellor clip do Congreso Audiovisual
Por Redacción
O congreso audiovisual 'Pontevedra...e acción! puxo o punto e final á súa primeira edición elixindo ao mellor dos once clips turísticos elaborados por outros tantos realizadores no consurso organizado.
O xurado presidido pola concelleira de Turismo, Carlota Román, e no que tamén figuraban o director Pablo Cacheda e o actor Manuel Lozano, escolleu o traballo elaborado por Guillermo Pío, Eloy Táboas e Cristóbal Arteaga.
O vídeo gañador relaciona paisaxes de Pontevedra con referencias e momentos do cine e aos diferentes xéneros cinematográficos.
Ademais de levarse 2.000 euros como recompensa, o traballo servirá para promover a oficina da 'Pontevedra Film Commission', destinada a atraer rodaxes de todo tipo de producións audiovisuais.
A última xornada do congreso inclyó tamén unha mesa redonda sobre novas correntes no cine e un debate, no que participaron a actriz Uxía Blanco, a guionista Diana López, o actor Manuel Lozano e o director Anxos Fazáns.
Relacionadas:
-
Os gañadores do concurso do congreso audiovisual "Pontevedra e...acción!" recollen o seu premio
Por Cristina Saiz & Elsa Juliá Sánchez |
-
Once realizadores optan a gañar o premio ao mellor clip turístico no Congreso do Audiovisual
Por Daniel Santomé & Anxo Lourido |
-
Alfonso Zarauza, Carlos Iglesias e Uxía Blanco, principais atractivos do congreso 'Pontevedra... e acción!'
Por Redacción |