Os escolares de Pontevedra aprenden sobre a diabete
Por Oskar Viéitez
O concelleiro de Educación, Agustín Fernández, entregou este mércores os premios aos gañadores do concurso de debuxo organizado no marco das actividades de formación sobre a diabete, nas que contou coa colaboración da asociación Anedia.
Os seis gañadores (dous por cada ciclo de Ensino Primario) foron elixidos entre os preto de 100 debuxos que se presentaron ao concurso e que participaron na exposición "Diabete e Deporte", que acolleu o vestíbulo da Casa do Concello durante as últimas semanas.
No primeiro ciclo quedou como primeiro clasificado Jorge Ligero e, en segundo lugar; Juan Carlos Fariña (ambos do CEIP Parada-Campañó).
No segundo ciclo os elixidos foron Belén Dasilva e Diego Cuerdo (CEIP Marcón). Finalmente, no terceiro ciclo, Laura Suárez (CEIP de Xeve) e Dinke Suárez (de Marcón). Todos eles recibiron cheques-regalo para material deportivo.
O colexio de Marcón foi tamén o gañador dun premio especial, consistente na visita do varias veces campión do mundo de piragüismo maratón, na modalidade C-2, ÿscar Graña. O deportista ofrecerá unha charla para animar aos rapaces á práctica deportiva e á vida activa.
Agustín Fernández agradeceu á asociación Anedia a súa colaboración nesta iniciativa, que tivo como dobre obxectivo sensibilizar á comunidade docente sobre as necesidades especiais dos alumnos diabéticos e tamén mellorar a comprensión desta enfermidade entre os propios rapaces.
Xunto co concelleiro estiveron hoxe Silvia Puga (vicepresidenta de Anedia) e Diego Castro (vogal de Deportes). Silvia subliñou a importancia de traballar cos colexios, chegando ás ANPA, aos comedores e ás actividades extraescolares. Engadiu que aínda que hai colexios que non teñen alumnos diabéticos, poden telo en calquera momento e deben estar preparados. Diego Castro amosou a súa satisfacción pola concienciación acadada entre os rapaces sobre a importancia dunha boa alimentación.
Relacionadas:
-
'Manuela é nova na escola', un libro de Os Bolechas para normalizar a diabetes nos colexios
Por Natalia Puga |
-
A cor azul volve tomar Pontevedra polo Día Mundial da Diabete
Por Redacción |
-
Lores falará cos panadeiros, cos donos do cine e co IMD das demandas dos nenos con diabete
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
Anedia continúa a campaña formativa a persoas con diabete e coidadores
Por Redacción |
-
A asociación de nenos con diabete pide un protocolo especifico de actuación para a reválida de terceiro de primaria
Por Elsa Juliá Sánchez |
-
Sendeirismo e convivencia na Fracha para concienciar sobre a diabete infantil
Por Redacción |
-
Como ven os nenos de primaria a diabete?
Por Elsa Juliá Sánchez |
-
A deportista Susana Ruíz imparte unha charla sobre o dobre reto de facer montañismo con diabete
Por Redacción |