O PSOE quere que a Xunta esixa a Rajoy que desista de privatizar os Rexistros Civís
Por Oskar Viéitez
O Partido Socialista presentou unha proposición non de lei para o seu debate urxente no Parlamento Galego na que instan o Goberno da Xunta a que se dirixa ao Goberno do Estado co fin de que "desista" da reforma iniciada no Rexistro Civil "público e gratuíto tal e como está concibido na actualidade".
Segundo explicaron en rolda de prensa a deputada do PSdeG no Parlamento galego, Patricia Vilán e o deputado no Congreso, Guillermo Meijón, "a próxima entrada en vigor da privatización do Rexistro Civil constitúe un exemplo da conversión de servicion en tráfico mercantil, e o trato de privilexio corporativista a escasos colectivos".
A presidenta da Xunta de Persoal dos xulgados de Pontevedra, Lola Filgueira, insistiu en que a reforma proposta polo Partido Popular supón "a invasión de cuestións que deberían radicar no eido público" e alertou das consecuencias que supón a "privatización" do Rexistro Civil, como a "mercantilización do servizo, o seu afastamento da cidadanía, así como o perigo da manipulación de datos sensibles fóra do ámbito da Administración de Xustiza".
Lola Filgueira recordou que existen diferentes situacións que afectan ao ámbito civil, como por exemplo adopcións, tutelas, separacións de bens ou parellas de feito, "cuxo tratamento debe protexerse de forma tallante en contra das consecuencias que pode traer esta reforma do PP".
Finalmente apuntaron que esta "privatización" supón a "entrega dos recursos públicos a mans privadas, poñendo a disposición do negocio duns poucos a dixitalización e modernización feita no Rexistro nos últimos anos con cargo aos impostos de todos".
Relacionadas:
-
Os funcionarios non se fían dunha posible "marcha atrás" do Goberno na privatización do Rexistro Civil
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Todo listo para enterrar o rexistro civil, falecido aos 144 anos "cos auxilios espirituais do Goberno"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Os funcionarios da Parda defenden na rúa o carácter gratuíto do rexistro civil
Por Redacción |
-
Preocupación no Concello ante a pretendida privatización dos rexistros civís
Por Redacción |
-
Todos os traballadores da Parda mobilizaranse unidos contra a privatización do rexistro civil
Por Natalia Puga |