Dous motoristas feridos en senllos accidentes en Salcedo e A Barca
Por Redacción
O primeiro tivo lugar pouco logo das cinco e media da tarde nunha rotonda da estrada N-550 en Salcedo, onde colidiron un turismo e a motocicleta na que a muller viaxaba como pasaxeira.
O segundo sinistro ocorreu dúas horas despois. Un moto accidentábase en Poio, na avenida da Barca, co seu piloto ferido.
Segundo explicou a Policía Local de Poio a caída foi accidental ao patinar as rodas da moto.
Ambos feridos foron trasladados ao hospital Miguel Domínguez con feridas de carácter leve.