Un terremoto de magnitude 2,7 deixase sentir no Morrazo
Por Redacción
Un terremoto de magnitude 2,7 na escala Richter deixouse sentir na noite deste xoves na comarca do Morrazo, onde os veciños de localidades como Bueu sentiron unha vibración que, inicialmente, todos asimilaron á propia dunha tormenta, dadas as choivas que se estaban a producir a esa mesma hora na zona.
O Instituto Xeográfico Nacional rexistrou o temblor ás 21.08 horas e captou que durou a penas uns segundos co epicentro situado na localidade de Nigrán, en concreto, a 42.1766 graos de lonxitude e -8.7493 de latitude.
Segundo os datos recollidos polo Instituto Xeográfico Nacional, o terremoto tivo o epicentro a unha profundidade de 18 kilómetros da superficie terrestre, pero veciños da comarca do Morrazo sinalaron que en superficie se notou en forma de pequenas vibracións nas casas e mobles.