Pontevedra comparte palmarés en Nova York con Estambul e nove proxectos estadounidenses
Por Redacción
O Center for Active Design acaba de facer públicos os gañadores da segunda edición dos premios Excellence, nos que a cidade de Pontevedra recibe o galardón de maior categoría: o leadership (liderado) por ser un pioneiro no movemento do "deseño activo", tal e como o entende esta ONG creada polo millonario e ex alcalde de Nova York, Michael Bloomberg.
Estes premios recoñecen o papel transformador que o deseño de edificios e espazos públicos desempeñan para abordar a "epidemia de enfermidades crónicas".
Xunto a Pontevedra, comparten premio outras dez experiencias mundiais que se poden consultar no web do premio: http://awards.centerforactivedesign.org/.
Están a propia cidade de Nova York con experiencias no Bronx, no barrio de Queens ou no edificio da academia de Policía. Ademais, foron recoñecidos proxectos executados nas localidades de Chicago, Albuquerque (Nuevo Mexico), Tulsa (Oklahoma) ou New Haven (Connecticutt).
Ademais da cidade do Lérez, fóra dos Estados Unidos tamén se premia a implantación dun plan que aposta por mellorar a seguridade dos desprazamentos en bicicleta que se realizan na cidade turca de Estambul.
Relacionadas:
-
Invitan a Pontevedra a integrarse nunha alianza internacional de cidades contra o cambio climático
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra conquista Nova York: "Sodes un modo de dicirlles a moitas cidades que podemos facer iso"
Por Alejandro Espiño |
-
Lores brinda con pontevedreses residentes en Nova York polo novo premio internacional á cidade
Por Alejandro Espiño |
-
Un acto festivo en lugar da pegada de carteis, primeira proposta do BNG para unha campaña alternativa
Por Redacción |
-
O modelo urbano de Pontevedra dá o salto a Nova York cun novo premio internacional
Por Alejandro Espiño |