Ultiman a creación dun viveiro de empresas no Porto
Por Redacción
Unha vez finalizadas as xestións para a cesión dun espazo no Porto de Marín, o Concello avanza no proxecto de crear un viveiro de empresas no municipio.
Este viveiro instalarase no Parque de Cantodarea coa idea de favorecer a creación de empresas e nova industria en Marín.
Para avanzar no proxecto, concretamente no plan para acondicionar o local, representantes do Concello, coa alcaldesa María Ramallo á cabeza, reuníronse con Zona Franca de Vigo e a Asociación de Jóvenes Empresarios.
Segundo Ramallo a iniciativa é "moi positiva" porque xera a expectativa de poder servir para que durante os primeiros anos un emprendedor que queira contar con estes servizos, información, formación, instalacións e infarestructura os tengga nun centro empresarial como é o Porto de Marín".