Propoñen impulsar aínda máis a Casa Azul e convertela nun centro sociocomunitario do centro histórico
Un gran centro sociocomunitario no centro histórico que "dinamice e dea vida a Pontevedra" dende o punto de vista social e do entramado asociativo da cidade. Cara a ese obxectivo traballará o Concello de Pontevedra nos próximos anos, segundo avanzou a concelleira de Benestar Social, Carmen Fouces, "se gañamos ás eleccións". Este status xurídico permitiríalle acceder a importantes liñas de axudas.
Así o avanzou durante a rolda de prensa na que fixo un balance do traballo realizado ao longo deste mandato nestas instalacións. Fouces recordou que en 2011 estas dependencias municipais estaban "deterioradas" e o goberno municipal entendeu que era o lugar "perfecto" para "refundar" todo o que se estaba a facer en materia social e crear un punto de encontro para a cidadanía.
Segundo os datos achegados nesta comparecencia, fronte ás 850 persoas que usaron a Casa Azul en 2011 -todos eles dunha poboación "moi específica", segundo a educadora Ana González-, o ano 2014 se pecharon con case 2.600 usuarios, ampliándose ademais o perfil de pontevedreses que participan nas actividades que alí se desenvolven.
"ÿ un gran éxito que un espazo que estaba depauperado se recuperase e que estea na cabeza de todo o mundo", afirmou Carmen Fouces. A edil do BNG destacou especialmente o traballo realizado coa Rede Axuda, o programa Hefesto para persoas con discapacidade ou a iniciativa Hedra, que trata de reunir asociacións do ámbito sociosanitario, para que compartan espazos e experiencias.
A Casa Azul, segundo Fouces, ten un futuro "alentador" e avanzou que ademais de potenciar as iniciativas actuais e ofertar novos espazos, tamén se poñerá en marcha dende as instalacións un programa de voluntariado co que se busca que toda a cidadanía " se sinta partícipe de todo o que se está a mover na cidade".
Ademais, preténdese crear vínculos coa Universidade de Vigo en materia de traballos de investigación no ámbito social.
Relacionadas:
-
Xa teño 16 anos e "VOU" de voluntario
Por Marisa Ciordia |
-
VÍDEO.- O himno galego en lingua de signos para conmemorar o Día da Patria Galega
Por Redacción |
-
41 persoas da comunidade xitana atoparon traballo en 2014 grazas aos cursos da Casa Azul
Por Redacción |
-
O que se aburre na casa é porque quere
Por Diego Torrado |
-
RedeAxuda crece e fai balance das súas últimas actividades
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |