As Olimpíadas do Recreo chegan a súa recta final
As Olimpíadas do Recreo poñen hoxe, 14 de abril, o broche final á primeira fase cos alumnos do colexio Álvarez Limeses, que xunto co resto de centros participantes empeza a prepararse para a gran final do 25 de abril.
Esta actividade forma parte dos programas educativos que ten en marcha a Concellería de Educación e na que participan os alumnos de quinto e sexto de primaria dos colexios A Xunqueira I; A Carballeira; Marcón; San Andrés de Xeve; San Benito de Lérez; Vidal Portela e Álvarez Limeses.
Os alumnos destas escolas participaron nas modalidades de química, comunicación e deportes, ademais dun xogo "Pasapalabra" sobre Cultura Xeral. Esta actividade pretende fomentar de xeito lúdica e divertida a cooperación e o traballo en equipo dos estudantes á vez que asistían a pequenos obradoiros de Comunicación, dunhas dúas horas, nos cales os escolares entraban en contacto coa profesión do xornalista e aprendían algúns conceptos básicos da profesión.
O concelleiro de Deportes Agustín Fernández xa está a traballar na gran final do sábado, unha xornada de convivencia na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación onde se reunirán os alumnos dos sete colexios que estiveron a participar nas Olimpíadas. Os tres colexios que resulten gañadores obterán premios consistentes en material escolar para os seus centros.