O trazado de alta velocidade do Eixe Atlántico comezará a funcionar o sábado
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
O próximo sábado 18 de abril empezará a operar o trazado de alta velocidade ferroviaria do Eixe Atlántico, segundo anunciou hoxe en Pontevedra a ministra de Fomento, Ana Pastor.
A ministra participou nun almorzo informativo sobre "Infraestruturas para unha nova era", organizado por Diario de Pontevedra, no que detallou que os billetes sairán á venda mañá martes 14 de abril, nos despachos das diferentes estacións e tamén por internet "a los mismos precios que hasta ahora" e con dez viaxes ao día en cada sentido, sinalou.
"Pretendemos que los nuevos servicios tengan precios al alcance de todos los ciudadanos", manténdose a tarifa actual de Media Distancia Tarifa 2, que paran en case todas as estacións pero realizan o traxecto completo entre Vigo e A Coruña, e tamén os de Media Distancia Tarifa 4.
Con esta posta en marcha ademais ponse en servizo a nova estación de Urzáiz-Vigo, na que se investiron máis de 120 millóns de euros.
"Se abre un nuevo horizonte lleno de oportunidades", destacou a ministra sobre o Eixe Atlántico que cualificou como "la columna vertebral de Galicia".
Tamén informou que se van incrementar nun 50% o número de prazas de tren pasando das 185 actuais 282 prazas.
Ana Pastor destacou que a posta en funcionamento desta infraestrutura reducirá a 70 minutos a duración do traxecto entre A Coruña a Vigo, de 155,6 quilómetros de lonxitude.
A xeito de exemplo, dende Pontevedra a Vigo poderase viaxar en 15 minutos (o tempo actual é de 36 minutos); a Vilagarcía en 16 minutos (7 minutos menos que na actualidade); a Santiago en 39 minutos (hoxe tárdase 56 minutos); e a Coruña en 1 hora e 8 minutos (26 minutos menos que na actualidade).
PROXIMIDADE
A responsable de Fomento explicou que a reorganización do Eixe Atlántico ferroviario incluirá servizos de proximidade co obxectivo de que as estacións intermedias como Pontevedra, Vilagarcía, Redondela, Arcade ou Padrón, entre outras moitas estacións do corredor atlántico, teñan asegurados 10 servizos por sentido ao día, é dicir, "todas las estaciones mantienen o mejoran las paradas actuales y se incrementan las plazas", resumiu a ministra.
As estacións nas que pararán estes servizos son A Coruña, Santiago de Compostela, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra e Vigo, e algúns deles tamén o farán nas novas estacións de Padrón-Barbanza, Redondela AV e Arcade. Estes servizos supoñerán unha redución do tempo de viaxe media do 40%.
"Estamos acercando personas pero no sólo entre las grandes ciudades, villas y pueblos", subliñou Pastor.
Relacionadas:
-
Ana Pastor compromete en Vilagarcía unha conexión directa de Alta Velocidade con Madrid
Por Redacción |
-
Máis de 6.000 persoas subiron ao tren na estrea do Eixe Atlántico de alta velocidade
Por Redacción |
-
O Eixe Atlántico, de Pontevedra a Santiago por 11,80 euros e a Vigo por 5,80
Por Oskar Viéitez |
-
O tren do Eixe Atlántico xa circula en probas por Pontevedra, os billetes sairán á venda en abril
Por Mónica Patxot |