Satisfacción en Pontevedra ante os "excelentes" datos turísticos da Semana Santa
Por Alejandro Espiño
A Semana Santa foi "excelente" para Pontevedra. ÿ a valoración que realizou este luns a concelleira de Turismo, Carlota Román. Un total de 2.177 persoas pasaron durante estes días polos tres puntos de información turística dos que dispón a cidade: a Casa da Luz, a Praza de España e Vialia. Trátase dun 20% máis de visitantes que o ano pasado.
Carlota Román destacou que o bo tempo desta Semana Santa foi "decisivo" para que se rexistrasen estes bos datos. En concreto, este aumento dos visitantes baséase no forte crecemento do turismo nacional, cun 27% máis que en 2014, fronte ao internacional que caeu un 6%. Son unhas cifras que, segundo a edil socialista, "están en sintonía" co resto do ámbito das Rías Baixas.
Das visitas a estes puntos de información -764 á Casa da Luz, 761 a Vialia e 632 na caseta da Praza de España-, é posible saber que case o 25% dos nosos visitantes procedía de Madrid, seguido do País Vasco cun 14%. Entre os estranxeiros, o predominio dos portugueses é bastante notable. Ademais, case o 30% de todos eles estiveron aloxados en hoteis de Pontevedra, mentres que un 20% elixiron a área de Sanxenxo.
En canto ao perfil do visitante, Carlota Román destacou que Pontevedra volveu recibir de forma maioritaria un turismo familiar que chega, fundamentalmente, en coche. Por iso, a responsable de Promoción Económica insistiu en que os esforzos para promover a cidade turisticamente deben ir encamiñados na liña de atraer os turistas de rexións próximas a Pontevedra.
ALTA OCUPACIÿN HOTELEIRA
Bos foron os datos tamén da ocupación hoteleira na cidade. A Semana Santa botou un balance de case o 80% de prazas ocupadas nos establecementos de Pontevedra, segundo datos da asociación de hoteleiros. En concreto, este colectivo cifra a ocupación nun 77%, moito mellor do esperado. Trátase de 17 puntos por enriba do rexistrado o pasado ano, xa que 2014 se quedou en apenas un 60%.
Relacionadas:
-
Atrae o modelo de cidade aos turistas?
Por Redacción |
-
Terra de Sanxenxo busca informadores de turismo
Por Redacción |
-
1.465 peregrinos chegaron a Santiago polo Camiño Portugués esta Semana Santa
Por Redacción |
-
A Xunta asegura que as previsións turísticas "se están superando", con "cifras espectaculares"
Por Redacción |