Os Pasos volven por Xoves Santo
Por Diego Torrado
A procesión da Santa Virxe da Soidade e Xesús Nazareno coa Cruz ás Costas pechou este mércores a primeira parte da Semana Santa pontevedresa cunha procesión marcadamente feminina e deu paso xa ao Triduo Pascual, o período que entre este Xoves Santo e a madrugada do Domingo conmemora a paixón, morte e resurrección de Cristo. Desta forma, este xoves Pontevedra intérnase no momento central da Semana Santa da man da procesión dos Pasos, na que sairán á rúa as sete confrarías da cidade.
A entrada nesta segunda parte da Semana Santa realizouse con moi bo pé tras unha exitosa procesión que este mércores correu a cago da Confraría da Nosa Nai da Maior Dor, que procesionó tras a misa das 20.00 horas dende a Basílica de Santa María.
As rúas Amargura, IsabelI, Real, Curros Enríquez, Manuel Quiroga, Don Filiberto, Celeiro e Santa María viron pasar un desfile no que as protagonistas son as mulleres, ao correr a cargo da única confraría feminina das sete pontevedresas. Arroupáronas, como xa é habitual, centos de fieis e un bo número deles acudiron posteriormente á representación da obra 'A Paixón de Xesús' do grupo de teatro Arume no Teatro Principal.
Un percorrido diferente, pero co mesmo punto de partida e chegada, farán este xoves as sete confrarías de Pontevedra nunha das grandes citas da Semana Santa e unha das súas procesións máis espectaculares. A partir das 20.00 horas percorrerán o ámbito de Santa María la Cruz Parroquial e os pasos da ÿltima Cea (Confraría da Maior Dor), a Oración de Xesús na Horta (Confraría da Nosa Señora do Amor Fermoso), Xesús Cautivo e paso da Flaxelación de Xesús (Confraría do Silencio), Xesús atado á columna (Confraría do Corpo Santo), Ecce Homo (Confraría do Espírito Santo), Cristo coa Cruz ás Costas (Confraría do Noso Padre Xesús coa Cruz ás Costas) e Santo Cristo da expiración e Virxe da Soidade (Confraría da Vera-Cruz e Misericordia).
O percorrido será o habitual pola avenida de Santa María, a praza de España, Michelena, Paseo de Antonio Odriozola, Pasantería, Vide, cale Real, praza de Curros Enríquez, Manuel Quiroga, Don Filiberto e Celeiro para rematar, de novo, en Santa María.
Relacionadas:
-
A procesión do Resucitado pecha a Semana Santa pontevedresa
Por Diego Torrado |
-
The Washington Post fíxase na singularidade da Semana Santa pontevedresa
Por Redacción |
-
O Santo Encontro congrega a centos de marinenses durante a madrugada
Por Diego Torrado |
-
Sete confrarías e un millar de confrades na procesión máis multitudinaria da Semana Santa
Por Diego Torrado |
-
Numerosos devotos asisten á terceira procesión da Semana Santa, a do Nazareno
Por Diego Torrado |
-
A confraría da Vera Cruz sobe en volandas ao Cristo das Tres Caídas
Por Oskar Viéitez |
-
O bo tempo previsto para esta Semana Santa garante a celebración de todas as procesións
Por Redacción |