Alertan dunha suposta campaña para axudar a nenos con cancro "que nada ten que ver coa AECC"
Por Redacción
Moito coidado coas chamadas que se reciben en casa. ÿ a mensaxe que traslada a Asociación Española Contra el Cáncer de Pontevedra. Aseguran estar recibindo multitude de denuncias de pontevedreses, estrañados por unha campaña de venda telefónica que se está asociando "por equivocación" con eles, e que segundo a asociación "pode danar a nosa imaxe e credibilidade".
Alerta a presidenta da Asociación Española Contra el Cáncer, Marisé Crespo, que unha organización "allea a nós e de fóra de Galicia" está levando a cabo unha campaña de venda de produtos vía telefónica co obxectivo de recaudar fondos para axudar a nenos con cancro.
Ante a cantidade de chamadas recibidas e dúbidas que suscitou dita campaña, a AECC quere aclarar que non ten ningunha relación nin coa campaña nin coa organización responsable da mesma e recorda ademais que a asociación "non realiza vendas telefónicas de produtos para recaudar fondos".