As humidades da fachada do Teatro Principal serán eliminadas
Por Oskar Viéitez
A Xunta de Goberno del Concello de Pontevedra aprobou a contratación do arranxo da fachada e o tellado do Teatro Principal.
A empresa Acevi S.L. executará estes traballos por unn importe total de 106.800 euros.
Os traballos empezarán de inmediato para que poidan estar concluídos antes do verán. Non se interromperán as actividades programadas.
A empresa ofreceu como melloras o pintado dos espazos interiores do teatro.
O pasado mes de outubro o Concello tivo que actuar por vía de urxencia ante as humidades detectadas no interior do edificio, así como algunhas filtracións de auga.
Nesta ocasión ademais da cuberta as obras incluirán as fachadas exteriores onde són moi evidentes as manchas de humidade e a presenza de vexetación.