Detida unha parella de pontevedreses por estafa en contratos con compañías eléctricas
Por Redacción
A Policía Nacional detivo unha parella de Pontevedra acusada dun delito de falsidade documental e estafa ao captar clientes para unha compañía eléctrica de forma fraudulenta.
A detención produciuse en Santiago de Compostela despois de que unhas persoas denunciasen seren contratadas por un individuo que lles ofrecía certa cantidade de diñeiro a cambio da captación de clientes para dita empresa.
Segundo explicou a Policía, a fraude chegaba cando os contratos conseguidos por estes comerciais resultaban non servir ao detido, quen argumentaba defectos na forma e así poder refacelos para presentalos como propios ante a compañía eléctrica, apropiándose da comisión correspondente.
A actividade levada a cabo por este individuo era de dubidosa legalidad, xa que a xente que usaba para a captación de clientes non eran dados de alta na seguridade social e non cobraban honorarios polo seu traballo. Ademais, a muller detida resultou ser a cooperadora necesaria nestes delitos, apuntou a Policía Nacional.