O barbeiro Pepe Deza e o grupo musical ALKAR recibirán a 'Raia de Ouro' 2015
Por Redacción
O barbeiro Pepe Deza e o grupo musical ALKAR recibirán este ano a 'Raia de Ouro' da XXI Festa da Raia de Portonovo. Así o decidiu o comité organizador do evento, integrado por asociacións e entidades entre as que se encontra o Concello de Sanxenxo.
A imposición destas insignias, que se outorgan a aquelas persoas ou agrupacións que desempeñan un labor en favor da vila mariñeira, constitúe unha das principais citas da programación que se desenvolverá o próximo fin de semana na carpa habilitada para a ocasión no porto. Segundo informou o Concello, a alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, será a encargada de entregar estes galardóns durante o acto oficial previsto para o sábado 4 de abril.
Catalina González indicou que con este galardón queren recoñecer a Pepe Deza pola súa traxectoria profesional á fronte do salón de peiteado Deza en Portonovo, da que destaca que "foi durante moitos ano o centro filosófico da vila, pero sobre todo esta Raia de Ouro vai para un home que desempeña unha labor social ao atender de xeito altruísta nos seus domicilios aos clientes que pola súa idade ou circunstancias vense imposibilitados para desprazarse á barbería, algo que Pepe non quere que se divulgue pero que os que o sabemos non podemos deixar de recoñecer publicamente".
En relación cos integrantes de ALKAR recollerán a distinción por ser un referente en Portonovo ao crear un grupo musical nos anos 70's, cando "aínda estaban a formarse como albaneis e carpinteiros, constituírse como un referente no panorama musican galego e abrir camiño a moitos grupos locais que seguiron a súa estela".
A XXI Festa da Raia supoñerá o próximo fin de semana unha alternativa de ocio para veciños e visitantes dadas as diferentes propostas lúdicas e culturais que complementarán o aspecto gastronómico deste tradicional evento. A partir das 12.00 horas do venres poderá degustarse o produto estrela da festa en 'caldeirada', 'mariñeira', en paella, en cóctel, empanada, cornete de raia, ademais de polbo e wok de froitos do mar, a prezos que irán dende os 3 aos 5 euros. A raia estará presente tamén nos restaurantes colaboradores de Portonovo, nos que non faltará a 'raia en caldeirada' a un prezo único de 8,50 euros.
Relacionadas:
-
Portonovo premia a Pepe Deza e o grupo Alkar na Festa da Raia
Por Redacción |
-
Portonovo despide a vixésima edición da Festa da Raia
Por Redacción |
-
Portonovo outorgará ao futbolista Fran Rico a 'Raia de Ouro'
Por Redacción |
-
Trece entidades ultiman a XX Festa da Raia que encherá Portonovo en Semana Santa
Por Redacción |
-
A Festa da Raia pecha a súa XIX edición con máis de 2.000 racións servidas
Por Redacción |
-
Portonovo trasládase ata o domingo aos anos 40 e 50 para celebrar a XIX Festa da Raia
Por Alejandro Espiño |