Unha furgoneta para todos
Por Redacción
Trece furgonetas entregará a Deputación de Pontevedra a outras tantas entidades e asociación sen ánimo de lucro da provincia para que poidan desenvolver a súa actividade de tipo benéfico, social, deportiva ou de seguridade civil. En total, segundo anunciou o presidente da institución provincial, Rafael Louzán, investiranse 373.000 euros.
As entidades e asociacións beneficiarias son as seguintes: Club Naútico de Cobres (Vilaboa), Club de Salvamento de Sanxenxo, Club Piragüismo de Vilaboa, Club Deportivo Miño de Tomiño, SD Samertolameu de Moaña, Club Poio de fútbol sala, Club Balonmán Cangas, Peña Ciclista Bike Estrada, Agrupación Deportiva Sodim de Vigo, Club Piraguismo Portonovo, Agrupación Deportiva Tamaiar-Apamp, de Vigo, Club Piragüismo As Torres de Catoira e Club de remo Vila de Cangas.
As furgonetas que estas asociación recibirán son da marca Citröen, tipo Jumper ou Jumphy. A firma radicada en Vigo colabora coa iniciativa aplicando un desconto pola compra de cada furgoneta.
Nos últimos anos a Deputación impulsou un plan que posibilitou a concesión de 96 vehículos a outras tantas entidades. Coas 13 comprometidas hoxe, o plan acada a cifra de 109 furgonetas entregadas a colectivos e agrupacións sin ánimo de lucro. A inversión total da Deputación neste programa superou os 2,5 millóns de euros.