Coellos e ovos de Pascua, protagonistas nos obradoiros de Semana Santa de Afundación
Por Redacción
Afundación propón para esta Semana Santa unha divertida e educativa programación de obradoiros para os máis pequenos da casa. As sedes da entidade acollerán o luns e martes 30 e 31 de marzo e o mércores 1 de abril, de 11.30 a 13.30 horas, diversas actividades dirixidas a nenas e nenos de 4 a 9 anos nas que os participantes poderán coñecer mellor as tradicións de Pascua e mellorarán as súas habilidades en artes plásticas.
Así, en "As orellas máxicas que falaban o idioma coello", os pequenos mergullaranse nunha aventura protagonizada polos coellos de Pascua, que "se colaron en Afundación e están atarefadísimos Pero non sabemos ben por que. Para descubrilo deberán seguir as súas pistas, situadas no interior duns ovos de Pascua, que están dispersos en cada un dos edificios".
Deste xeito comeza a historia que poderán coñecer os participantes nesta proposta da Área Educativa de Afundación na que descubrirán que os coellos, ao igual que os ovos, son símbolos de fertilidade, do nacemento, ou como os exipcios, por exemplo, debuxaban os coellos como anuncio do nacemento dunha nova estación, a das flores, a primavera.
Nos obradoiros, os nenos fabricarán as orellas de coello para poder comprender mellor o seu idioma e iniciarán a aventura de localizar os ovos que agocharon en lugares secretos do edificio e, tras atopalos con todas as súas mensaxes ocultas, volverán ao obradoiro taller para mostrar a súa creatividade nas artes plásticas con material e elementos diversos.